A formación e o emprego, os camiños para unha maior integración social

A formación e o emprego, os camiños para unha maior integración social

Imprimir Email
(0 votos)

A Responsabilidade Social Empresarial inclúe un constante avance en todos os eidos, incluidos a formación. Este é unha das bases para a mellora nada empresas e así o sinalou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa visita á empresa de inserción laboral Grupo Dill en Lugo que traballa con menores e persoas desempregadas en risco de exclusión social.

Neste sentido o conselleiro destacou que a formación e o emprego son o camiño para garantir unha integración plena na sociedade das persoas que precisan máis apoio. A inclusión no mercado de traballo dos colectivos máis vulnerables é o principal reto das políticas de emprego da Xunta e, polo tanto, da nova Axenda de Emprego, que aprobou o Goberno galego o pasado mes de xuño para a recuperación do emprego de calidade e que vai en consonancia coas directrices marcadas no Plan de reactivación económica.

A nova Axenda de Emprego inclúe diversas iniciativas neste ámbito entre as que resaltou o programa de posta a punto para o emprego ao que o Goberno galego destina tres millóns de euros para apoiar proxectos integrais de inserción de persoas perceptoras da RISGA; e os instrumentos financeiros para a economía social, que cun investimento de oito millóns de euros, pretenden cubrir as necesidades das pemes afectadas polo covid-19, dos que se beneficiarían tamén as empresas de inserción laboral.

A Xunta destinou máis de 40 millóns de euros ao ano ao fomento do emprego inclusivo con servizos de orientación, formación, contratación e autoemprego e só en 2019 investiu 42 millóns de euros á contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.