Imprimir esta página
O ISSGA publica novos documentos con recomendacións preventivas ante o coronavirus

O ISSGA publica novos documentos con recomendacións preventivas ante o coronavirus

14 Mai 2020 |

(0 votos)

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) vén de actualizar a súa información de prevención ante o coronavirus con catro novos documentos con recomendacións sectoriais, así información de preguntas frecuentes para aqueles sectores que están a retomar a súa actividade habitual con cita previa na comunidade. 

O novos sectores profesionais que contan con recomendacións específicas son os seguintes:

Igual que os documentos anteriores, estes novos folletos contan con medidas básicas para a organización, asegurando unha axeitada hixiene e limpeza e o mentemento da distancia de seguridade. 

No caso do comercio e as perruquerías, dos que xa existían carteis de recomendacións preventivas, este organismo publicou dúas guías con respostas ás preguntas máis frecuentes con motivo da recuperación da actividade de forma paulatina producida esta semana:

Así mesmo, o ISSGA ten a disposición do tecido empresarial unha folla informativa sobre os tratamentos de desinfección en locais comerciais e outras estancias, que pode consultarse nesta ligazón.