Con motivo do impacto que a pandemia do COVID-19 está a causar na actualidade, a Universidade de Santiago de Compostela está a celebrar o Ciclo de Diálogos “Hoxe é o día despois”, que consiste nunha serie de encontros en liña no que se abordan os temas máis relevantes da crise á que nos enfrontamos, como a recuperación económica ou o futuro do traballo.
Os ODS serán os protagonistas do encontro que terá lugar o vindeiro martes, 19 de maio, a partir das 19:00 horas, e que leva por título: “O futuro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Retos urxentes”. Na sesión contarase coa participación de Cristina Sánchez, directora executiva da Rede Española do Pacto Mundial; Josefa de León Blanco, vocal do Comité Executivo da Rede Española do Pacto Mundial; Noelia Romero Castro, Profesora de Economía Financeira e Contabilidade da USC; e Elena Pérez Carrillo, profesora de Dereito Mercantil da Universidade de León.
A participación é gratuíta e require inscrición previa a través deste formulario.
Podes consultar o programa completo deste ciclo de conferencias nesta ligazón. A programación estenderase ata o mes de xuño, polo que o programa irase actualizando progresivamente.