Imprimir esta página

Dispoñible para a súa descarga a guía de recomendacións de saúde laboral ante o coronavirus

13 Abril 2020 |

(1 Votar)

A Xunta de Galicia pon á disposición do tecido empresarial galego unha guía con pautas preventivas de saúde laboral ante o coronavirus, elaborada en base ás recomendacións das autoridades sanitarias para garantir a saúde laboral das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial. 

O documento inclúe información básica sobre o COVID-19 ademais de: 

  • Medidas previas ao inicio da actividade
  • Medidas nos desprazamentos
  • Medidas para garantir a distancia de seguridade
  • Medidas organizativas
  • Medidas de hixiene e limpeza
  • Dúas infografías con instrucións para un correcto lavado de mans
  • Consellos para o uso de máscaras e equipos de protección individual
  • Consellos para a xestión de residuos

Podes descargala aquí.

A información desta guía pode completarse coa documentación elaborada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) para a prevención en distintas actividade sectoriais, dispoñible na súa web.