Co obxectivo de contar con «Empresas con valores» a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de publicar unha nova orde de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE). A través deste programa de subvencións, a Xunta de Galicia amosa de novo o seu compromiso para seguir avanzando cara un emprego de calidade, no que a igualdade e a conciliación son protagonistas.
Se es unha peme galega ou persoa traballadora autónoma que cumpre os requisitos establecidos no artigo 5 das bases reguladoras, poderás solicitar calquera destas axudas ata o 24 de febreiro de 2020.
Tres liñas de axudas
O envío da túa solicitude deberás facelo de forma obrigatoria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Liña I: Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade.
- Liña II: Axudas á conciliación. Á súa vez, comprende tres subliñas: 1) Incentivos económicos para o fomento do teletraballo, 2) Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria e 3) Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
- Liña III: Axudas para as certificacións de RSE.
Máis información
Para saber máis detalles sobre estas tres liñas de axudas, a documentación a presentar, contías e prazos de resolución, non dubides en consultar a Orde do 19 de decembro de 2019 publicada no Diario Oficial de Galicia do 24 de xaneiro de 2020.