Imprimir esta página
Xa podes inscribirte na xornada de presentación de resultados do proxecto GEMCAT

Xa podes inscribirte na xornada de presentación de resultados do proxecto GEMCAT

09 Decembro 2019 |

(0 votos)

O vindeiro martes, 17 de decembro, celebrarase unha xornada de presentación de resultados do Proxecto GEMCAT. Este evento, que terá lugar no Hotel Barceló de Ourense, incluirá a entrega de galardóns da terceira edición dos Premios Transfronteirizos GEMCAT, na que un total de oito empresas serán recoñecidas polo seu labor en materia de conciliación e/ou igualdade.

Ademais da Xunta de Galicia, contarase con representación do resto de entidades que forman parte deste programa: a Junta de Castilla y León, a Junta de Extremadura, a Universidade do Porto, CIM Alto Minho e a Cámara Municipal de Braga, que darán a coñecer os logros das actividades realizadas no marco deste proxecto, que xira arredor da responsabilidade social empresarial, a demografía, a conciliación e o diálogo social. 

O programa da xornada é o seguinte:

Foro Anual de Diálogo Social Transfronteirizo:

09.15 horas - Recepción 

10.00 horas - Benvida. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego

10.30 horas - Presentación: resultados das mesas de diálogo social no sector téxtil. Alexandrina Monteiro, CIM Alto Minho

11.00 horas - Mesa redonda: participantes das mesas de diálogo social transfronteirizo no sector téxtil. Participan: representantes de CIG, UGT Galicia, CC.OO. Galicia, CEG, ACT, IEFP, CGTP, UGT Portugal, AEP e CEVAL. Modera: María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais. 

12.00 horas - Clausura do Foro de Diálogo Social. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

12.30 horas - Café networking

13.00 horas - Clausura

Entrega de galardóns. Terceira edición dos Premios GEMCAT:

13.00 horas -  Mesa redonda: boas prácticas en materia de conciliación e igualdade. Participan: empresas da comunidade autónoma de Galicia, do norte de Portugal, da comunidade autónoma de Castela e León e da comunidade autónoma de Estremadura. Modera: representante da Universidade do Porto

13.45 horas - Entrega de premios:

Mellor iniciativa de conciliación laboral e familiar:

Norte de Portugal: Blisq Creative, LDA

Comunidade autónoma de Galicia: PS Vet Dairyquality, S.L.

Comunidade autónoma de Estremadura: Grupo Data Cumplimiento Normativo, S.L.

Comunidade autónoma de Castela e León: Grupo Itevelesa, S.L.

Mellor iniciativa en igualdade de oportunidades:

Norte de Portugal: Inno-Serviços Especializdos em Veterinária, LDA

Comunidade autónoma de Galicia: Dielectro Industrial, S.A.U.

Comunidade autónoma de Estremadura: Gran Hotel Don Manuel, S.L.

Comunidade autónoma de Castela e León: Comercial Hispanofil, S.A.U.

14.15 horas -  Clausura dos premios. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego

14.30 horas - Comida netwoking

Presentación de resultados do proxecto GEMCAT:

16.15 horas - Presentación: actividades realizadas no marco do proxecto GEMCAT. Representantes das entidades socias do proxecto GEMCAT (Xunta de Galicia, Junta de Castela e León, Junta de Estremadura, Universidade do Porto, CIM Alto Minho e CM Braga)

16.45 horas -  Proxección do vídeo de resumo do proxecto

17.15 horas - Clausura da xornada de peche do proxecto GEMCAT. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego

17.30 horas - Café de despedida

Participación

Esta xornada está aberta ao público. Se desexas asistir, deberás confirmar a túa asistencia cubrindo o formulario que atoparás nesta ligazón. Podes descargar o programa completo en PDF aquí.