A Xunta lanza RSE+I, un programa de mentorizaxe para o fomento da igualdade nas pemes

A Xunta lanza RSE+I, un programa de mentorizaxe para o fomento da igualdade nas pemes

Imprimir Email
(0 votos)

O reto 1 da Estratexia Galega de Responsabilidade Social Empresarial 2019-2021, Empresas con valores, inclúe o obxectivo de incrementar nun 25% o número de plans de igualdade. Por iso, a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia vén de lanzar un programa de mentorizaxe para pemes ligado á igualdade de oportunidades: RSE+I, que se desenvolverá entre os meses de novembro e decembro de 2019.

Obxectivos

Enmarcado dentro do Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT), en concreto no seu eixo "Compromiso social por un emprego de calidade e sustentable", este programa fomentará a incorporación de medidas de igualdade de oportunidades e conciliación, así como de responsabilidade social empresarial nas pemes participantes. 

Así mesmo, tamén busca acadar o seguinte:

  • Dar resposta á necesidade de diagnóstico e posterior análise do estado de igualdade de oportunidades nas empresas interesadas.
  • Orientar e acompañar a aquelas empresas que queiran ter unha primeira toma de contacto co desenvolvemento dun plan de accións orientado cara a igualdade de oportunidades. 
  • Impulsar, en termos globais e transversais, unha maior incursión da xestión da igualdade de oportunidades nas pemes transfronteirizas desde un punto de vista e estratéxico responsable.

Servizos

En función dos seus obxectivos e a través da titorización das empresas, o programa RSE+I ofrece os seguintes servizos:

  • Análise do estado e situación da igualdade de oportunidades en cada unha das pemes. 
  • Definición do plan de igualdade, que se elaborará a partir dos resultados obtidos na análise previa. 

Como participar

O número de empresas que recibirán os servizos do programa RSE+I será de seis, elixidas por orde de inscrición. Se desexas que a túa compañía participe, deberás cubrir o formulario que atoparás nesta ligazón

Actualización: Prazo de participación pechado.