A RSE-Innolab permite asistir ás súas actividades a través de videoconferencia

A RSE-Innolab permite asistir ás súas actividades a través de videoconferencia

Imprimir Email
(0 votos)

O mes de setembro continúa repleto de novidades na RSE-Innolab. Nesta ocasión, os cursos especializados que se están a impartir nesta oficina presencial de responsabilidade social incorporan a posibilidade de seguir os seus encontros responsables mediante videoconferencia.

Durante esta semana, emitiranse en directo dúas actividades que pertencen á formación "RSE: motor rendible de cambio (igualdade, conciliación, diversidade, felicidade, prevención efectiva da PRL...)". Son as seguintes:

  • Mércores, 18 de setembro: "Transexualidade, homosexualidade, bisexualidade, diversidade sexual: implicacións para a sociedade e a empresa". Podes acceder á emisión desta actividade a partir das 16:00 horas a través desta ligazón.
  • Xoves, 19 de setembro: "A diversidade de capacidades: implicacións para a empresa. As persoas con TEA (trastorno de espectro autista)". A partir das 09:00 horas emitirase na plataforma dispoñible nesta ligazón.

Con esta nova ferramenta a RSE-Innolab ofrece a oportunidade de aprender e mellorar en materia de responsabilidade social empresarial a todos aqueles que non poden achegarse ás instalacións na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Proximamente anunciaremos as vindeiras actividades dispoñibles en liña, tanto na nosa web como nas redes sociais.