Quedan tres días para que se peche o prazo de participación na segunda edición dos Premios Transfronteirizos do proxecto GEMCAT. As empresas do espazo transfronteirizo ou con actividade transfronteiriza teñen ata o vindeiro mércores, 21 de agosto, para enviar a súa candidatura para que se recoñezan os seus esforzos en materia de conciliación e igualdade.
Lembramos que, segundo as bases reguladoras, para participar é preciso cumprimentar o formulario dispoñible nesta ligazón. Así mesmo, xunto coa citada solicitude, os participantes deberán remitir a documentación descrita no punto 7.2 das bases ao seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Entrega de premios
Unha vez finalizado o prazo de recepción de candidaturas, estas serán valoradas por un xurado composto, a lo menos, por unha persoa especialista en responsabilidade social empresarial de cada unha das entidades socias do proxecto.
No mes de setembro terá lugar o evento de entrega de premios desta segunda edición. A data e lugar de celebración serán anunciados na web do proxecto e en rse.xunta.gal.