Para que poidas seguir aprendendo sobre responsabilidade social empresarial e economía circular, a RSE-Innolab continúa ofrecendo en agosto almorzos temáticos para as empresas galegas. Durante este mes, estas sesións celebraranse na súa oficina presencial, situada na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Avenida García Barbón, 104, Vigo).
Todas as sesións son completamente gratuítas e contarán coa participación dunha empresa referente en responsabilidade social empresarial, que compartirá os seus coñecementos e experiencia sobre a materia. Para asistir, só deberás inscribirte no formulario asociada a cada unha das actividades.
O plan de almorzos temáticos é o seguinte:
Martes, 6 de agosto: A responsabilidade social empresarial en ruta
Mércores, 7 de agosto: Xeración de contextos responsables de emprendemento
Xoves, 8 de agosto: Galicia, a mar de responsable
Venres, 9 de agosto: Sabes crear a túa imaxe de empresa RSE?
Martes, 13 de agosto: Falemos de crear RSE
Mércores, 14 de agosto: A importancia da creatividade RSE no ámbito empresarial
Martes, 20 de agosto: As barreiras da creatividade RSE na empresa
Mércores, 21 de agosto: Ferramentas para crear unha cultura construtiva
Martes, 27 de agosto: Aprendendo da economía circular
Mércores, 28 de agosto: Crecemento e xestión da I+D+i. Ideas sustentables
Despois do mes de agosto, a RSE-Innolab volverá á súa programación habitual. As actividades que se celebrarán a partir de setembro anunciaranse na web da oficina e en rse.xunta.gal.