A RSE-Innolab continúa coas súas actividades de verán e por iso, nesta segunda quincena do mes de xullo ofrece almorzos temáticos para aquelas persoas interesadas en aprender máis sobre responsabilidade social empresarial e compartir experiencias con outras empresas.
Estes almorzos están pensados para profundar na RSE nunha forma distendida, de forma que todos os asistentes poden elixir se participan na actividade completa ou só nunha parte. Ademais, todas as actividades son completamente gratuítas, aínda que para asistir é preciso inscribirse previamente no formulario asociado a cada formación.
O programa de sesións está dividido en dúas grandes temáticas: RSE e economía circular. Cada unha destas sesións tratará un aspecto destas materias, mediante unha formación práctica e, de ser o caso, a experiencia dalgunha compañía galega referente en responsabilidade social.
Para favorecer a asistencia de empresas de diferentes lugares de Galicia, estes almorzos terán lugar tanto en Vigo coma na Coruña.
En Vigo, celebraranse na oficina da RSE-Innolab (sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra) nas seguintes datas:
- Martes, 16 de xullo: Medios de comunicación e RSE: unha alianza fundamental
- Mércores, 17 de xullo: A simple complexidade da arte de comunicar
- Martes, 23 de xullo: Progresando coa Rede Española do Pacto Mundial: o caso de Fomento Profesional
- Mércores, 24 de xullo: Sabes tomarlle as medidas á RSE da túa empresa?
- Martes, 30 de xullo: A multiculturalidade reforza a túa identidade de empresa RSE
- Mércores, 31 de xullo: A RSE polos aires
O Trend Café acollerá os seguintes almorzos que terán lugar na Coruña:
- Mércores, 17 de xullo: A integración dos grupos de interese, clave para unha boa xestión corporativa
- Xoves, 18 de xullo: Moda e economía circular en Galicia
- Martes, 23 de xullo: Alianzas: xeración de valor compartido
- Mércores, 24 de xullo: Desmontando mitos: A xestión de residuos desde a perspectiva da economía circular
- Martes, 30 de xullo: Comunicación responsable vs. Greenwashing. A importancia da comunicación
- Mércores, 31 de xullo: Economía circular: Sinerxias e oportunidades no agro galego
O ciclo de almorzos temáticos continuará durante o mes de agosto. Proximamente publicarase máis información sobre os mesmos na axenda da nosa web así como no sitio web da RSE-Innolab.