Imprimir esta página
Segunda edición dos premios do proxecto GEMCAT

Segunda edición dos premios do proxecto GEMCAT

26 Xuño 2019 |

(0 votos)

Para recoñecer o traballo daquelas empresas que fomentan a igualdade de oportunidades e facilitan a conciliación laboral, familiar e persoal, o proxecto GEMCAT acaba de abrir o prazo para o envío de candidaturas para a segunda edición dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade

Quen pode participar

Esta convocatoria está aberta a todas aquelas empresas privadas transfronteirizas, é dicir, que ou ben teñan a súa sede no espazo transfronteirizo ou desenvolvan actividade transfronteiriza. Búscanse compañías que demostren o seu compromiso coa sociedade e a responsabilidade a través de medidas de igualdade ou conciliación entre o seu cadro de persoal.

Ademais, aquelas empresas que se presentasen á primeira edición e non resultasen premiadas poden volver a optar ao premio nesta convocatoria.

Premios

O evento de entrega de premios terá lugar na comunidade autónoma de Castela e León, socia do proxecto GEMCAT, que se encargará da organización desta segunda edición. Ao igual que na primeira edición, outorgarase un premio por modalidade, de conciliación e de igualdade, a empresas de cada unha das comunidades autónomas e rexións que conforman o proxecto GEMCAT: Galicia, Castela e León, Estremadura e Rexión Norte de Portugal. Deste xeito, o número total de galardóns a entregar é de oito. 

Envío de solicitudes

Para inscribirse nesta convocatoria, é obrigatorio presentar a solicitude a través do formulario dispoñible nesta ligazón. Xunto con este formulario, é preciso enviar a documentación sinalada no punto 7.2 das bases reguladoras ao seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O prazo para a recepción de solicitudes rematará o vindeiro 21 de agosto de 2019.