Imprimir esta página
O proxecto GEMCAT premia a a conciliación e a igualdade de oito empresas transfronteirizas

O proxecto GEMCAT premia a a conciliación e a igualdade de oito empresas transfronteirizas

21 Xuño 2019 |

(0 votos)

Oito empresas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, Castela e León e Estremadura veñen de ser recoñecidas na primeira edición dos Premios Transfronteirizos GEMCAT, proxecto liderado pola Xunta de Galicia. Estes galardóns poñen en valor as medidas que as compañías levan a cabo para garantir a igualdade entre mulleres e homes dentro do seu cadro de persoal e para favorecer a conciliación laboral e familiar.

A cerimonia de entrega de premios celebrouse na cidade portuguesa de Porto dentro do marco do Foro de Diálogo Social - Industria 4.0 e contou coa participación de María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Secretaría Xeral de Emprego.

As empresas galardoadas nesta primeira edición foron as seguintes:

Recoñecemento en materia de conciliación laboral e persoal:

  • Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal: BMVIV, SA (Viana do Castelo)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Galicia: Tecalis Innovación SL (A Coruña)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de  Estremadura: Lider Aliment SA (Badaxoz)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León: Plus Contacto Servicios Integrales, S.L. (León)

Recoñecemento en materia de igualdade de pportunidades:

  • Mellor iniciativa na rexión Norte de Portugal: Flexicel Portugal Lda (Braga)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Galicia: Applus+ (A Coruña)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Estremadura: Lider Aliment SA (Badaxoz)
  • Mellor iniciativa na Comunidade Autónoma de Castela e León: Grupo Aspasia Ibecon SL (Valladolid)

Próximas edicións

A convocatoria dos Premios Transfronteirizos GEMCAT inclúe dúas edicións máis durante este ano 2019. Toda a información relativa ás mesmas será anunciada na nosa web rse.xunta.gal.