Imprimir esta página
Ampliado o prazo para participar na terceira edición dos Premios RSE Galicia ata o 17 de xullo

Ampliado o prazo para participar na terceira edición dos Premios RSE Galicia ata o 17 de xullo

14 Xuño 2019 |

(0 votos)

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar hoxe, 14 de xuño de 2019, a ampliación do prazo para a presentación de candidaturas da terceira edición dos Premios RSE Galicia. Todas as empresas de Galicia interesadas teñen ata o mércores 17 de xullo para participar. 

Nesta edición modifícanse as categorías destes galardóns, de maneira que as empresas poden optar a estes dous recoñecementos:

  • Premio á Responsabilidade Social Empresarial: con tres categorías (pequena, mediana e gran empresa).
  • Mención á conciliación: independente do tamaño da empresa.

Lembramos que a presentación de solicitudes deberá realizarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A documentación establecida nas bases reguladoras deberá presentarse tamén a través deste medio electrónico. 

Recordamos tamén que toda a información relativa aos Premios RSE Galicia, a súa convocatoria e resolución será publica na nosa web rse.xunta.gal.