Imprimir esta página
Aberta a inscrición para asistir á entrega dos Premios Tranfronteirizos GEMCAT

Aberta a inscrición para asistir á entrega dos Premios Tranfronteirizos GEMCAT

13 Xuño 2019 |

(0 votos)

O martes 18 de xuño terá lugar a entrega dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade do Proxecto GEMCAT dentro do marco do Foro de Diálogo Social - Indústria 4.0, o cal ten como obxectivo contribuír para o establecemento dun espazo de diálogo social para consolidar a integración laboral en Galicia e no Norte de Portugal, para así adaptar esta área xeográfica á nova realidade do mercado laboral. 

Este evento celebrarse no Salón Nobre da Reitoría da Universidade do Porto (Praça de Gomes Teixeira, Oporto, Portugal).

O programa do acto é o seguinte:

13:45h - Recepción

14:00h - Inauguración. Héctor Vasconcelos, vicerreitor da Universidade do Porto

14:15h - Presentacións:

Ana Teresa Lehmann, profesora asociada da Facultade de Economía da Universidade do Porto (FEP)

Conclusións da mesa: María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia

15:00h - Mesas de diálogo social. Intervención dos participantes das Mesas de Diálogo Social Transfronteirizo - Industria 4.0

15:45h - Presentación dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade. Firmino Marques, vicepresidente do Municipio de Braga

16:15h - Entrega de Premios

A asistencia está aberta ao público. A entrada é gratuíta, previa inscrición no formulario que atoparás nesta ligazón.