Imprimir esta página
O vindeiro venres tes unha cita para aprender sobre igualdade e conciliación na RSE-Innolab

O vindeiro venres tes unha cita para aprender sobre igualdade e conciliación na RSE-Innolab

10 Xuño 2019 |

(0 votos)

A RSE-Innolab celebra unha nova sesión para as empresas galegas interesadas na responsabilidade social empresarial. Nesta ocasión, tratarase o tema da igualdade e a conciliación laboral, persoal e familiar.

A xornada terá lugar o venres 14 de xuño ás 17:00 horas e contará coa participación de Ana Núñez e Anabel Martínez, dúas mulleres referentes en Galicia para impulsar a igualdade e a conciliación nas empresas.

A entrada é libre e gratuíta.