Mañá, mércores 29 de maio de 19:00 a 21:00 horas, terá lugar na RSE-Innolab unha sesión temática sobre a xestión de residuos desde a perspectiva da economía circular.
Esta actividade atópase dentro do marco da formación especializada "Xestión estratéxica para a sustentabilidade dende o enfoque da economía circular" do proxecto GEMCAT, aínda que a participación está aberta a todas as empresas de Galicia e a entrada é completamente gratuíta.
A citada sesión contará coa presenza de Benito García Carril, presidente da Asociación de Profesionais Ambientais - Galicia Ambiental e líder de economía circular seleccionado pola Advanced Leadership Fundation.