A Xunta fomenta a conciliación e a corresponsabilidade mediante axudas á redución de xornada

A Xunta fomenta a conciliación e a corresponsabilidade mediante axudas á redución de xornada

Imprimir Email
(0 votos)

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das axudas á conciliación familiar e laboral por redución de xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade. Esta orde de subvencións están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Requisitos

Poderán beneficiarse destas axudas aquelas persoas, homes e mulleres, que se acollesen a unha redución de xornada entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de xuño de 2019 (ambos incluídos). Ademais, deberán reunir as condicións indicadas no artigo 5 das bases reguladoras. 

Accións subvencionables

Serán obxecto de subvencións as seguintes:

  • Redución de xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos, ou menor de doce anos no caso de que padeza unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • Redución de xornada cando as persoas traballadoras adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo, sempre que non transcorreran tres aos desde a data de decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.

O período máximo subvencionable será de oito meses, tanto continuado como fraccionado sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de sesenta días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores. Ademais, non deben coincidir co permiso por maternidade ou calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade da persoa solicitante ou do seu cónxuxe ou parella.

Máis información na resolución do Diario Oficial de Galicia do 22 de maio de 2019

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri