Imprimir esta página
Continúa aberto o prazo de inscrición nas formacións do mes de maio da RSE-Innolab

Continúa aberto o prazo de inscrición nas formacións do mes de maio da RSE-Innolab

29 Abril 2019 |

(0 votos)

A RSE-Innolab de Galicia organiza dúas formacións especializadas para o vindeiro mes de maio.

A primeira leva por título "A xestión da RSE. Materia pendente" e comezará o mércores 8 de maio. Os participantes poderán familiarizarse coas ferramentas actuais de xestión da responsabilidade social empresarial e coñecer cales son as súas aplicacións na empresa mediante sesións teóricas e dinámicas prácticas asociadas a cada contido. 

Podes consultar o programa completo así como as datas de celebración aquí. A inscrición está aberta e para participar deberás cubrir o formulario que verás nesta ligazón.

O 10 de maio empeza a segunda das formacións, "Xestión estratéxica para a sustentabilidade desde o enfoque da economía circular". Está orientada aos directivos e responsables de diferentes áreas das empresas, así como todas aquelas persoas interesadas en aplicar estratexias de sustentabilidade na xestión da súa empresa.

A relación de contidos e dinámicas desta formación, así como as datas das sesións presenciais están dispoñibles aquí. Podes realizar a túa inscrición a través do formulario que atoparás nesta ligazón.