Imprimir esta página
A Xunta a brinda o seu apoio á IX Semana Internacional do Voluntariado Corporativo

A Xunta a brinda o seu apoio á IX Semana Internacional do Voluntariado Corporativo

17 Abril 2019 |

(0 votos)

Dentro do seu compromiso coa responsabilidade social empresarial, a Xunta de Galicia é unha das entidades que amosa o seu apoio á IX edición do Give and Gain, a Semana do Voluntariado Corporativo e da acción solidaria dos empregados. Despois de oito anos e máis de 11.000 voluntarios de 400 empresas con máis de 500 organizacións, esta iniciativa impulsada por Forética consolídase como a cita internacional de voluntariado corporativo de referencia. 

A IX edición do Give and Gain terá lugar do 7 ao 14 de maio e ten o obxectivo de xerar o maior impacto posible na mellora das condicións de vida das comunidades máis vulnerables. Neste ano 2019, a Semana do Voluntariado Corporativo prestará unha especial atención a aquelas iniciativas que traten de visibilizar o importante papel das empresas na loita contra a pobreza infantil. 

Dúas formas de participación

A participación no Give and Gain poderá realizarse de dúas formas:

  • "Á túa medida", mediante actividades organizadas por Forética en colaboración con diferentes ONG
  • "Á túa maneira", na que todas as organizacións que desenvolvan actividades de voluntariado corporativo entre os días 7 e 14 de maio se poden sumar cumprimentando este formulario antes do 25 de abril. 

Todas as empresas interesadas poderán contactar con Forética a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Máis información sobre esta iniciativa nesta ligazón