Imprimir esta página
A Xunta e o CERGI organizan unha nova edición do seu curso de RSE e bo goberno

A Xunta e o CERGI organizan unha nova edición do seu curso de RSE e bo goberno

04 Abril 2019 |

(0 votos)

A Xunta de Galicia e o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da Universidade de Santiago de Compostela (CERGI) organizan o XIII Curso de Responsabilidade social empresarial (RSE) e Bo goberno corporativo. 

Esta formación está dirixida tanto ao alumnado da propia universidade como ao público en xeral, desenvolverase a distancia entre o 19 de setembro e o 29 de novembro de 2019 e ten un prezo de 19,70 euros.

Para aprobar o curso, o alumnado deberá presentar un traballo final, que deberá consistir no desenvolvemento dalgún dos temas tratados durante o mesmo. Este traballo deberá contar cunha extensión mínima de 15 folios e incluír bibliografía relacionada.

Os alumnos dos grados de Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Economía, Administración e Dirección de Empresas (Campus de Santiago), Xornalismo e Comunicación Audiovisual obterán 2 ECTS trala súa realización.

O programa é o seguinte:

  • Conceptos esenciais da Responsabilidade Social Empresarial. Marco internacional, europeo, español e galego da RSE. O desenvolvemento sustentable. Bo goberno nas empresas e noutras institucións.
  • Ámbitos e dimensións da RSE. Os grupos de interese das empresas e institucións. Identificación e xestión das relacións cos grupos de interese. 
  • A RSE nas pemes. Casos prácticos da aplicación da RSE en distintos sectores empresariais. 
  • Aplicación da RSE na Administración. A RSE nas institucións sen ánimo de lucro. 
  • Indicadores de RSE aplicados ás pemes. Modelos, normas e estándares de xestión da RSE. Tipos de memorias de RSE.
  • Diagnose e implementación de plans de RSE.
  • Verificación, certificación e aseguramento da RSE.
  • Criterios e elaboración de informes de sustentabilidade ou memorias de RSE: GRI (Global Reporting Initiative) e Pacto Mundial. 
  • Guías RSE da Xunta de Galicia. Elaboración de memorias RSE conforme ás guías RSE da Xunta de Galicia. Uso da aplicación Xunta ProRSE da Xunta de Galicia. 
  • A comunicación da RSE. Publicación de informes de RSE. Verificación das memorias e informes. 

Matriculación

A matrícula estará aberta dende o 1 de xullo ata o 13 de setembro de 2019.

Os alumnos da USC deberán matricularse na sección "Actividades" da súa Secretaría Virtual. Os alumnos externos deberán dirixirse a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ao Servizo de Xestión Académica.

Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..