A igualdade, a flexibilidade e a conciliación laboral, entre os retos do emprego do futuro

A igualdade, a flexibilidade e a conciliación laboral, entre os retos do emprego do futuro

Imprimir Email
(0 votos)

No aniversario do Consello Galego de Relacións Laborais, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indicou que o diálogo e o consenso son agora máis necesarios que nunca, para dar resposta e adaptarse aos modelos de traballo, relacións laborais e políticas de emprego actuais, baseados nos cambios tecnolóxicos, políticos e sociais. Conde sinalou que o emprego do futuro vén da man da dixitalización, a igualdade efectiva entre homes e mulleres, a creación de emprego estable, a inclusión das persoas máis vulnerables e a flexibilidade e a conciliación laboral.

O titular de Economía indicou tamén que o principal reto para o mundo laboral galego é o de seguir creando postos de traballo e promover o diálogo institucional para continuar reducindo as cifras de desempregados. 

Durante a súa intervención, Conde puxo en valor o labor do Consello Galego de Relacións Laborais e agradeceu o asesoramento que presta á Administración autonómica en materia laboral.  Así mesmo, destacou o seu traballo de mediación nas últimas tres décadas e a súa promoción e impulso dos acordos e o diálogo social e a negociación colectiva. Lembramos que este organismo presentou recentemente a Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva, un documento imprescindible para acadar unha cultura de igualdade no tecido empresarial galego. 

Desde RSE Xunta de Galicia queremos destacar o papel fundamental que teñen as empresas galegas no emprego do futuro, que a través das súas medidas responsables, axudan a que o noso tecido empresarial sexa cada vez máis responsable, sustentable e igualitario. E non debemos esquecer que a Xunta ten un firme compromiso por acadar a igualdade, cunha actitude de diálogo e escoita activa ante os traballadores de Galicia. 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri