A Xunta abrirá proximamente o prazo de solicitude das axudas para implantar a RSE

A Xunta abrirá proximamente o prazo de solicitude das axudas para implantar a RSE

Imprimir Email
(0 votos)
  • A convocatoria de 2019 estruturarase en tres liñas de axudas: certificacións de RSE, elaboración e implantación de plans de igualdade e conciliación da vida laboral, familiar e persoal 
  • O prazo para solicitudes abrirase trala publicación da orde do 20 de decembro de 2018 no Diario Oficial de Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, no seu obxectivo de fomentar a responsabilidade social empresarial nas empresas galegas, abrirá nos vindeiros días a convocatoria da nova orde de axudas para implantar a RSE, a igualdade de xénero no ámbito laboral e a conciliación na vida persoal, laboral e familiar, que están cofinanciadas polo Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020. 

Este programa de axudas cumpre co que se contempla na Axenda 20 para o Emprego da Xunta de Galicia, que inclúe entre os seus retos acadar un emprego de calidade. 

Liñas

A convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:

  • Liña I: Certificacións de RSE
  • Liña II: Elaboración e implantación de plans de igualdade
  • Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Esta liña comprende tres subliñas:
    • Subliña III.1: Incentivos para o fomento do teletraballo
    • Subliña III.2: Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria
    • Subliña III.3: Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral

Requisitos para a solicitude

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea. Deben contar con domicilio social e centro de traballo en Galicia, independentemente da súa forma xurídica. Ademais, deberán estar validamente constituídas no momento de presentar a orde de axudas. 

Terán consideración de pemes aquelas empresas que ocupen a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio non exceda dos 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non exceda de 43 millóns de euros. Para determinar o número de persoas, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea que existan na empresa no momento da presentación da solicitude.

En canto ao tamaño das empresas, estas deberán ter un mínimo de 6 persoas traballadoras, agás na liña II (Plans de Igualdade), que terán que contar con polo menos 10 traballadores. 

Tamén poderán solicitar estas axudas empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia, que deben ter contratado nesta comunidade un mínimo de 8 persoas ou de 10, no caso dos plans de igualdade.

En todo caso, non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas. 

Prazo

O prazo para que os interesados presenten as súas solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación da Orde de 20 de decembro de 2018 no Diario Oficial de Galicia. A apertura do prazo será anunciada na web de RSE Xunta de Galicia.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agario unblocked
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel