Igualdade nas empresas: a firme aposta da Xunta de Galicia para o ano 2019

Igualdade nas empresas: a firme aposta da Xunta de Galicia para o ano 2019

Imprimir Email
(0 votos)

Esta mañá celebrouse na Coruña unha nova edición da xornada "Novas oportunidades laborais: igualdade e calidade no emprego", promovida pola Xunta de Galicia e a Asociación de Executivas de Galicia. Nesta sesión tratáronse aspectos relacionados coas desigualdades existentes no mundo laboral, a temporalidade actual dos contratos de traballo e a necesidade de evitar calquera tipo de discriminación dentro das empresas. 

Como podemos acadar un traballo digno, evitar a precariedade laboral e reducir a fenda de xénero son só tres dos temas que se comentaron nesta xornada. Contouse, así mesmo, coa testemuña dunha empresa que está a desenvolver neste momento o seu segundo plan de igualdade. 

A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, destacou o papel da muller dentro do mercado laboral e a importancia de impulsar un cambio de mentalidade na sociedade en xeral para acadar unha verdadeira igualdade e a mellora do mercado de traballo. 

Toca sinalou o compromiso da Xunta de Galicia na axuda ás empresas, lembrando que, en temas de igualdade e responsabilidade social empresarial, existe unha actitude de diálogo e escoita activa por parte deste órgano administrativo. A Secretaria Xeral anunciou tamén que proximamente se presentará a estratexia galega de RSE, xa que para acadar un tecido empresarial máis igualitario é preciso contar con empresas, unha administración e unha sociedade con valores, decidida a cambiar. 

Pola súa parte, María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais, salientou a igualdade laboral como unha parte fundamental das empresas. A Subdirectora Xeral falou ademais da vindeira orde de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial, a igualdade e a conciliación laboral e persoal, cuxa convocatoria se anunciará proximamente no Diario Oficial de Galicia. María Coutinho recordou que desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria estase a fomentar a responsabilidade e sustentabilidade nas empresas con iniciativas como o programa Responsabilízate, que actualmente está a desenvolver a súa segunda edición. E indicou tamén que desde a Xunta de Galicia recoñécese a labor das empresas galegas a través dos Premios RSE Galicia, que recentemente modificaron a súa regulación e a partir da próxima convocatoria premiarán ás empresas que entendan a responsabilidade social dunha forma integral, na que terá un peso destacado a igualdade.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables - dert hattı

agario - - betebet betebet