A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade nas empresas

A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade nas empresas

Imprimir Email
(0 votos)

Na xornada "Novas oportunidades laborais: igualdade e calidade no emprego", o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indicou que a Xunta de Galicia e a Asociación de Executivas de Galicia traballarán na elaboración dunha guía para o deseño de plan de igualdade nas empresas. Con esta iniciativa búscase que todos os traballadores e traballadoras do tecido empresarial galego desfruten da igualdade de oportunidades necesaria para o seu desenvolvemento profesional. 

Conde indicou tamén que a Xunta trata de dar exemplo como administración, polo que a partir do vindeiro mes de xaneiro, Galicia será a primeira comunidade en incrementar ata 24 semanas a baixa por maternidade. Desde este organismo estase a defender unha política de igualdade e conciliación, con diferentes medidas que impulsan o papel das mulleres nas empresas na busca dunhas condicións de traballo igualitarias. Un exemplo é a nova estratexia de Economía Social, que pon o foco nas compañías centradas nas persoas e busca reforzar o papel da muller neste sector, promovendo o seu acceso ao emprego e a postos de responsabilidade. 

Existe tamén a necesidade de que as empresas busquen solucións adaptadas ao futuro do emprego, nun contexto marcado pola dixitalización, a transición enerxética e o envellecemento activo. No mundo laboral que vén, a muller debe asumir un novo liderado e, para acadalo, é precisa a corresponsabilidade de todos, tanto os organismos públicos como as entidades privadas. Deste xeito, poderemos acadar un emprego estable, de calidade e igualitario.  

Neste momento, hai 12.000 mulleres en Galicia que ocupan postos directivos e de xerencia nalgunha empresa. En novembro deste ano, o paro feminino caeu un 0,67% e na actualidade hai un 15,7% menos de mulleres desempregadas que en abril do 2009.

Desde RSE Xunta de Galicia queremos destacar a importancia que a igualdade de xénero e de oportunidades ten dentro do mundo empresarial. Lembramos que, dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU, o número 5 está centrado neste aspecto, tendo entre as súas metas rematar coa discriminación de mulleres e nenas en todo o mundo e asegurar a participación e a igualdade de oportunidades en todos os niveis da vida política, económica e pública.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables - dert hattı

agario - - betebet betebet