Imprimir esta página
O alumnado de Viveiro e Lugo reflexionou sobre RSE e os ODS (Fotografías da xornada)

O alumnado de Viveiro e Lugo reflexionou sobre RSE e os ODS (Fotografías da xornada)

14 Novembro 2018 |

(0 votos)

As primeiras xornadas da nova edición de Xeración Responsable tiveron lugar no IES María Sarmiento de Viveiro (12 de novembro) e no IES Sanxillao de Lugo (13 de novembro). Alumnas e alumnos de educación secundaria, bacharelato e formación profesional puideron coñecer máis sobre a responsabilidade social empresarial e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. 

O alumnado reflexionou sobre conceptos como innovación, xénero, emprego, sustentabilidade ou inclusión social. Nestes talleres prácticos, ademais, crearon un debate a partir de noticias e contidos reais que lles permitiron desenvolver o seu coñecemento sobre os ODS e as súas implicacións.