Saúde e seguridade no traballo: por que é importante para  as empresas e os traballadores

Saúde e seguridade no traballo: por que é importante para as empresas e os traballadores

Imprimir Email
(0 votos)

Unha das dimensións internas da responsabilidade social empresarial é a saúde e a seguridade no traballo. A saúde dos empregados é fundamental no funcionamento diario dunha empresa, xa que un bo coidado do persoal mellora a súa calidade de vida e supón un aumento da produtividade. 

O coidado desta área da RSE leva consigo outras vantaxes para as empresas, como a redución do absentismo, co seu consecuente aumento do rendemento. Isto débese a unha maior motivación dos empregados e a un maior compromiso pola compañía. Ademais, mellora a imaxe das empresas e tamén reduce custos, tanto para a empresa como para a sociedade en xeral, ao acortar as interrupcións do traballo e diminuír a cantidade de baixas laborais. 

Saúde, seguridade e ODS

Dentro dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) existen metas relacionadas coa saúde e a seguridade no traballo. Segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), relaciónase coa meta 3.9: «Para 2030, reducir substancialmente o número de mortes e enfermidades producidas por produtos químicos perigosos e a contaminación do aire, da auga e o solo». 

A citada organización indica que esta área tamén está vinculada ao Obxectivo número 8, Traballo decente e crecemento económico, mediante a meta 8.8 que pretende «protexer os dereitos laborais e promover unha contorna de traballo segura e sen riscos para todos os traballadores, incluídos os traballadores migrantes, en particular as mulleres migrantes e as persoas con empregos precarios»; e por último, co Obxectivo número 16, Paz, Xustiza e Institucións Sólidas, cuxa meta 16.6 busca «crear a todos os niveis institucións eficaces e transparentes que rendan contas».

A presenza da saúde e a seguridade no traballo dentro da Axenda 2030 amosa a súa importancia no traballo actual e do futuro, onde empresas saudables e responsables deben apostar sempre polo coidado dos seus traballadores. 

Semana Europea para a Seguridade e a Saúde e no Traballo

Esta semana estase a celebrar a Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, que coincide coa semana 43 do calendario. A campaña 2018 – 2019 fai fincapé na exposición a substancias perigosas no lugar de traballo co obxectivo de sensibilizar dos seus riscos para os traballadores para así  promover unha cultura de prevención. A presenza deste tipo de substancias é moi habitual nalgúns sectores laborais e a súa exposición prolongada pode derivar en enfermidades e outros problemas de saúde nos empregados. 

Aparte de fomentar a prevención en riscos laborais para evitar unha mala saúde ou as lesións no lugar de traballo, esta campaña tamén busca dirixirse a aqueles grupos de traballadores con altos niveis de perigo, os cales teñen necesidades moi concretas e aos que se lles vai a ofrecer información e exemplos de boas prácticas. 

Durante estes sete días os 28 estados membros da Unión Europea concentran actividades locais e rexionais de sindicatos, empresas, administración e outras entidades coa fin de promocionar a saúde e a seguridade no traballo. Podes consultar nesta ligazón as que se levarán a cabo en Galicia, organizadas polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) da Xunta de Galicia.  

 

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel casino siteleri sex sohbetleri casino siteleri