Como é a xornada laboral e como inflúe no benestar dos traballadores?

Como é a xornada laboral e como inflúe no benestar dos traballadores?

Imprimir Email
(0 votos)

Os últimos datos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) indican que a media de horas traballadas á semana é de 36,4 en España. Esta cantidade é menor que a doutros países como Reino Unido (36,5), Luxemburgo (37,2) ou Islandia (38,7), e tamén que a media dos países da OCDE, que se sitúa en 36,6 horas/semana.

Aínda que a cantidade de horas semanais que a xornada ten de media no noso país non supera a moitas das nacións europeas, a cantidade de tempo total que os traballadores lle dedican diariamente remata por ser superior. Isto é debido a unha grande presenza do horario partido, que en moitas ocasións provoca que non se remate o traballo ata case entrada a noite. 

Esta xornada partida inclúe unha extensa interrupción á hora de comer, que pode chegar a superar as dúas horas. Por iso, retrasa a hora de saída polas tardes, dificultando a conciliación laboral, familiar e persoal. En relación a isto, a consultora Randstad indica que case o 4% dos traballadores ocupados en España estarían dispostos a reducir a súa xornada coa correspondente redución do salario, motivados por alcanzar o equilibrio entre a vida laboral e persoal. 

A conclusión a estes datos é que non se precisan xornadas máis curtas, senón un mellor aproveitamento do tempo, con pausas menos longas e horarios racionais. Con estas medidas acádase un maior benestar e felicidade dos empregados, que gozan de máis tempo de lecer que poden xestionar en función da súa situación persoal. Unha xornada continua tamén aumenta a produtividade nas empresas, xa que evita a perda de concentración tras unha longa pausa e a fatiga e a desmotivación resultantes de xornadas que van máis alá das sete da tarde.   

Ademais do plano persoal dos traballadores, os horarios racionais tamén levan consigo diversos beneficios para o medio ambiente. Por exemplo, o maior aproveitamento da luz natural ou o aforro de enerxía, tanto no relacionado cos sistemas de calefacción e aire acondicionado, como na redución da cantidade de desprazamentos.

Na nosa comunidade temos o exemplo do Grupo Femxa, que adoptou un modelo de racionalización horaria cun impacto positivo na calidade de vida no traballo e un descenso na taxa de absentismo. A Consultoría Promove é outras das empresas galegas que apostou pola felicidade do seu equipo humano, con medidas de flexibilidade horaria que facilitan a conciliación. 

En RSE Xunta de Galicia estamos comprometidos coa racionalización horaria, dentro dun tecido empresarial máis responsable que teña como un dos seus principais obxectivos conseguir a boa saúde das organizacións e o benestar dos traballadores galegos. Se levas a cabo algunha medida para evitar que a xornada dos teus traballadores dificulte a conciliación laboral, familiar e persoal, cóntao aquí

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario - agario agario unblocked - evden eve nakliyat çavuşoğlu evden eve nakliyat