Economía circular: catro beneficios que este novo modelo ofrece ás empresas

Economía circular: catro beneficios que este novo modelo ofrece ás empresas

Imprimir Email
(0 votos)

É innegable que desde a chegada da economía circular ás nosas vidas, estamos ante un novo paradigma onde se busca que os recursos pasen a maior cantidade de tempo posible dentro do ciclo produtivo para así reducir a cantidade de residuos. 

A busca da mellora da calidade medioambiental é inherente a este novo modelo de produción, que leva consigo múltiples beneficios para a sociedade en xeral, pero tamén para as empresas, sen importar o seu tamaño. Estes son catro deles:

Maior rendibilidade: A adopción dos principios da economía circular axuda ás empresas a reducir custos, xa que por definición implica unha menor cantidade de compras. Dúas accións moi comúns son a redución do uso de papel e a utilización de produtos que sexan reutilizables, como os cartuchos de tinta. 

Menor pegada medioambiental: Unha empresa que reduce, reutiliza e recicla é unha empresa cada día máis comprometida co medio ambiente. Ademais, un ambiente de traballo respectuoso co planeta axuda á concienciación dos empregados, que no ideal dos casos, aplicarán estes conceptos na súa vida fóra do traballo.

Maior colaboración: Existe a posibilidade de que os residuos xerados por unha empresa, debido ás súas características, non poidan ser aproveitados pola mesma, pero si por outras. Un gran exemplo de colaboración na nosa comunidade é o proxecto de economía circular que os polígonos de A Grela, Pocomaco e Sabón, da provincia da Coruña, están levando a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia, onde o principal obxectivo é que os recursos que unhas empresas se ven obrigados a refugar, sexan empregados por outras, manténdoos así dentro do ciclo produtivo. 

Maior innovación: Non se trata só de innovación tecnolóxica, senón das ideas e alternativas que xorden co novo modelo, que implica deixar atrás vellos costumes. Neste momento, o mellor exemplo é o sector do comercio, onde trala prohibición da entrega gratuíta das bolsas de plástico que entrou en vigor o pasado 1 de xullo, as empresas están ideando novas formas de ofrecer ese mesmo produto pero composto dun material máis sustentable. 

Desde RSE Xunta de Galicia queremos destacar a importancia de que as empresas, grandes, medianas e pequenas, comecen a aplicar os principios da economía circular para acadar un tecido empresarial máis sustentable. 

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables telefonda sex - dert hattı

agario - - betebet betebet