Día Mundial do Medio Ambiente: Por un mundo sen plásticos non reutilizables

Día Mundial do Medio Ambiente: Por un mundo sen plásticos non reutilizables

Imprimir Email
(0 votos)

O 5 de xuño é o día elixido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, una xornada que pon en valor a importancia do papel das persoas nun desenvolvemento sustentable e que promove un cambio de actitude cara o coidado da nosa contorna.

O lema de 2018 é “Sen contaminación por plástico” e fai referencia á cantidade deste material que se verte nos mares e océanos cada ano, que chega a acadar as oito toneladas, e que pon en perigo a supervivencia dos organismos mariños, ademais de destruír ecosistemas naturais que dotan ao noso planeta dunha enorme riqueza medioambiental. 

Prohibición de plásticos dun só uso

Recentemente, a Comisión Europea lanzou a súa nova estratexia para a loita contra os plásticos dun só uso, xa que na actualidade só unha pequena parte destes residuos son reciclados, e o resto, na súa grande maioría remata no mar. O obxectivo é reducir o uso dos plásticos non reutilizables na fabricación dos obxectos cotiás como pallas para beber, vasos ou cubertos. Isto non quere dicir que estes utensilios deban desaparecer do mercado, senón que se anima aos fabricantes a empregar algunha opción de material máis sustentable. 

No caso das bolsas plásticas dun só uso, que poden tardar entre 100 e 500 anos en descompoñerse totalmente, a redución do seu consumo avanza favorablemente. No noso país, os puntos de venda de bens e produtos deberán cobralas de xeito obrigatorio a partir do 1 de xullo deste ano. A prohibición das bolsas lixeiras e de plástico fragmentado está pensada para o ano 2020. E a partir do 1 de xaneiro de 2021, só se poderán entregar bolsas que sexan de plástico compostable, aínda que os comerciantes poden optar por algunha alternativa máis respectuosa co medio ambiente, como o papel ou a rafia, que se poden empregar máis dunha vez e axudan a non incrementar a cantidade de residuos que xeramos. 

Que fan as empresas galegas polo medio ambiente?

Desde RSE Xunta de Galicia animamos ás empresas galegas a que protexan a súa contorna e inclúan dentro dos seus plans de responsabilidade social empresarial iniciativas relacionadas co coidado do medio ambiente. Se na túa empresa se está a levar a cabo algunha actividade relacionada co Día Mundial do Medio Ambiente ou tedes algunha experiencia relacionada co tema medioambiental, suxerímosche  a que a que a compartas no noso banco de ideas

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables https://bethane.net güvenilir bahis siteleri
agario