Día das Letras Galegas: Empresas comprometidas coa lingua e a cultura

Día das Letras Galegas: Empresas comprometidas coa lingua e a cultura

Imprimir Email
(0 votos)

Con motivo do Día das Letras Galegas que se celebra hoxe, 17 de maio, desde RSE Xunta de Galicia queremos poñer en valor as diferentes accións que as empresas da nosa comunidade levan a cabo nesta data unha homenaxe á autora María Victoria Moreno Márquez (1939 - 2005).

A compañía de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron conxuntamente en marcha un ano máis unha campaña relacionada coas Letras Galegas. Con medio milleiro de carteis nos seus centros e dous millóns de bolsas conmemorativas da autora homenaxeada este 2018, a empresa reforza o seu compromiso coa lingua galega, xa que conta cunha gran traxectoria no uso do noso idioma nas etiquetas, a rotulación e a publicidade. 

Outra gran compañía galega que inclúe a difusión desta festividade dentro da súa responsabilidade social corporativa é Gadisa. Este ano reparten máis de dous millóns de bolsas cun fragmento de Diario da luz e a sombra e 50.000 marcapáxinas que inclúen un dos seus poemas: Elexías de luz. Para completar a súa homenaxe a esta data tan sinalada cunha vertente solidaria, repartiron nos seus establecementos o pasado día 16 30.000 exemplares dunha reedición do libro Papá Bolechas doa sangue.

Na nosa comunidade non só as empresas de distribución realizan iniciativas relacionadas co 17 de maio. É o caso de Feiraco, parte do grupo CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas), que xunto á Xunta de Galicia puxo en marcha unha campaña de promoción de lectura e do galego que inclúe os seguintes programas: Practica a LEITura, o VII Certame de Microrrelatos e a reedición dos libros De onde ven o leite? A cooperativa tamén colabora coa V Carreira Camiño das Letras e cos premios do Concurso - Exposición Letras Galegas 2018 que a Secretaría Galega de Política Lingüística convoca para centros de ensino. 

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables telefonda sex - dert hattı

agario - - betebet betebet