As pequenas e medianas empresas en Galicia: importancia e incentivos

As pequenas e medianas empresas en Galicia: importancia e incentivos

Imprimir Email
(0 votos)

Nos próximos dez anos, as pequenas e medianas empresas ofrecerán máis de 1.600.000 postos de traballo. Este é un dato do Informe anual de Emprego nas Pemes que a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME) e Randstad. Segundo este documento, o mercado laboral español durante 2017 experimentou un importante cambio estrutural que se caracteriza por un maior nivel de cualificación dos empregos xerados polas pemes. 

Tal e como establecen as estatísticas territoriais da Dirección Xeral da Industria e da Pequena e Mediana Empresa, pertencente ao Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, Galicia é un dos territorios onde o número medio de pemes por cada 100 habitantes é maior á media nacional, que se sitúa en 7,04. Se facemos referencia á cantidade de pemes en relación ás persoas ocupadas, a nosa comunidade tamén se atopa por enriba da media, con 18,92 pemes por cada 100 ocupados. Na distribución por sectores, Galicia destaca dentro da construción, xunto coas Illas Baleares e Castela A Mancha. 

Axudas ás pemes galegas

Con motivo do Día Europeo das Pemes, que se celebrará o próximo sábado 12 de maio, queremos recordar que a Xunta de Galicia colabora coas pequenas e medianas empresas a través de axudas para o seu desenvolvemento e mellora. Por exemplo, o Programa Reacciona, posto en marcha polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) para a mellora da competitividade empresarial, ofrece servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico para as pemes galegas. 

Desde RSE Xunta de Galicia tamén comprendemos a importancia deste tipo de empresas para o tecido empresarial galego. Por iso, temos en marcha a segunda convocatoria do programa Responsabilízate, para achegar información actual e práctica en materia de RSE e impulsar un maior desenvolvemento e implantación da responsabilidade social nas pemes galegas. O prazo para participar continúa aberto e o formulario para inscrición atópase na seguinte ligazón.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario - agario agario unblocked - evden eve nakliyat çavuşoğlu evden eve nakliyat