Imprimir esta página
A Xunta de Galicia participa na Xornada Corresponsables que terá lugar na Coruña

A Xunta de Galicia participa na Xornada Corresponsables que terá lugar na Coruña

16 Abril 2018 |

(0 votos)

O vindeiro xoves 19 de abril celebrarase na sede de Afundación A Coruña unha nova Xornada Corresponsables na que se presentará o Anuario Corresponsables 2018 e que acollerá a empresas e grupos de interese que debaterán sobre a xestión estratéxica da responsabilidade social empresarial e o estado do negocio responsable en Galicia. 

Nesta xornada colabora a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e contará na inauguración, en representación da Secretaría Xeral de Emprego, con María Coutinho, subdirectora xeral de Relacións Laborais. 

O evento enmárcase dentro do II Foro Iberoamericano de Comunicación Responsable que, baixo o lema de "A xestión da RSE e o Negocio Responsable" ten como obxectivo analizar como integrar a RSE na actividade das empresas, facela máis transversal e dar resposta aos retos que demandan os grupos de interese, nunha aposta polo longo prazo e a sustentabilidade das organizacións en todas as súas dimensión. 

O programa da xornada será o seguinte:

9:30h - 10:00h - Inscricións, café e networking.

10:00h - Inauguración.

Tatiana Suárez, directora de RSC de Afundación Obra Social Abanca

María Coutinho, subdirectora xeral de Relacións Laborais da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria Xunta de Galicia

Pablo Martín, director de Corresponsables España

10:20h - "As grandes empresas reflexionan sobre o negocio responsable e a xestión ética da RSE".

Modera: Pedro Tasende, director de Aporta Comunicación e socio de Dircom Galicia

Tatiana Suárez, directora de RSC de Afundación Obra Social Abanca

Miguel Temboury, director xeral Noroeste de Endesa

Antonio Cortés, director de Marketing de Gadisa

Malú Bergantiños, responsable de Comunicación de R

11:30h - Mesa "Grupos de interese reflexionan sobre claves e retos para un negocio responsable".

Modera: Noelia López Álvarez, consultora de RSE e Sustentabilidade en IntheMOVE

Cristina Fernández-Armesto, socia de Casa Grande de Xanceda

Marcos Gómez Paz, secretario autonómico de Cruz Vermella Galicia

Luisa Rodríguez, socia de Dircom Galicia e directora rexional de Atrevia

Suzana Mihalic, directora de Comunicación e Imaxe Corporativa da Fundación Barrié

Raquel Sedes, responsable de Calidade, Prevención e Medio Ambiente e do departamento de RSE de Metal Ferrol

12:30h - Clausura.

Máis información sobre a xornada e como formalizar a inscrición aquí