23 de marzo: Día da conciliación familiar, laboral e persoal e a corresponsabilidade

23 de marzo: Día da conciliación familiar, laboral e persoal e a corresponsabilidade

Imprimir Email
(0 votos)

Cada 23 de marzo celébrase o Día da conciliación da vida familiar, laboral e persoal e a corresponsabilidade. A Secretaría Xeral da Igualdade establece que a expresión "conciliación da vida familiar e laboral" refírese á compatibilidade do traballo remunerado co traballo doméstico e as responsabilidades familiares, que tamén deberá estar relacionada co tempo para o desenvolvemento persoal de cada individuo. Pola súa banda, o termo "corresponsabilidade" é definido como a responsabilidade compartida dunha situación entre dúas ou máis persoas, en canto que posúen os mesmos dereitos e deberes. Esta Secretaría tamén ten publicada a "Guía de boas prácticas en corresponsabilidade", a cal inclúe unha serie de medidas e casos de éxito que poden servir de inspiración.  

A Xunta de Galicia e a conciliación

Desde a Xunta de Galicia tamén se defende unha contorna de conciliación. Así, Galicia será a primeira comunidade española en contar cun Plan de conciliación e corresponsabilidade: o I Plan de Igualdade da Administración Xeral da comunidade autónoma de Galicia. 

Recentemente, destacouse a importancia de avanzar cara a flexibilidade das relacións laborais, para alcanzar no tecido empresarial galego a igualdade entre homes e mulleres, así como máis conciliación e máis seguridade laboral. 

Cómpre sinalar tamén o papel das escolas infantís de iniciativa social, as cales son unha mostra do compromiso do goberno autonómico coas familias galegas, xa que nos últimos exercicios se incrementou o financiamento das mesas e leváronse a cabo actuacións para a mellora destes centros. 

"Canto tempo tes para min?"

A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), da que a Xunta de Galicia forma parte, convocou recentemente a novena edición do seu concurso "Canto tempo tes para min?", co que invita a pais e fillos a reflexionar sobre os horarios laborais e a conciliación. 

Este concurso dá a oportunidade aos máis pequenos de expresar a necesidade de que os seus pais compartan más tempo con eles. Ademais de ter o obxectivo de sensibilizar sobre esta necesidade, tamén pretende concienciar aos pais sobre o tempo que pasan realmente cos seus fillos, para promover cambios orientados a ampliar ese tempo e facilitar a creación de espazos para a relación entre pais e fillos. 

O prazo para participar remata o 31 de maio. As bases completas poden consultarse aquí

Como concilian as empresas galegas?

En RSE Xunta de Galicia queremos destacar a importancia deste día e o seu significado, así como a necesidade de que o tecido empresarial galego entenda o valor que as medidas de conciliación teñen para os traballadores e as súas familias.

Por iso, o banco de ideas está a disposición das empresas de Galicia para que comuniquen as súas prácticas en materia de responsabilidade social empresarial e sirvan de exemplo para a sociedade. En relación á conciliación, existen exemplos como a racionalización horaria ou o permiso retribuído para acompañar ao médico aos fillos

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
Préstamo sen intereses emekliye kredi faizsiz
sitios de apostas fiables telefonda sexiddaa tahminleri - dert hattı

agario - - betebet betebet