Galicia mellorará a eficiencia das políticas públicas para a creación de emprego transfronteirizo

Galicia mellorará a eficiencia das políticas públicas para a creación de emprego transfronteirizo

Imprimir Email
(0 votos)

O pasado 27 de outubro celebrouse a xornada de presentación do GEMCAT, proxecto cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza para España e Portugal 2014-2020 (POCTEP) e liderado pola Xunta de Galicia coa participación dos socios de Portugal, Castela e León e Estremadura.

 

A Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, xunto coa Consellería de Emprego da Xunta de Castela e León; a Dirección Xeral de Traballo da Consellería de Educación e Emprego da Xunta de Estremadura; CIM Alto Minho; Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga, celebrou o pasado 27 de outubro na Escola Superior Ciências Empresariais de Valença do Minho (Portugal) a xornada de lanzamento do proxecto GEMCAT. A Xunta de Galicia promove esta iniciativa co obxectivo de crear un marco favorable para a xeración de emprego transfronteirizo de calidade

Ao longo da xornada realizouse unha breve presentación das principais actividades do proxecto, sustentadas nos catro grandes eixos cos que se pretende construír un marco de traballo institucional: diálogo social transfronteirizo; compromiso social por un emprego de calidade; crecemento demográfico, conciliación responsable e igualdade de oportunidades; así como mecanismos de difusión e transferencia. 

Trala presentación institucional do proxecto, o director da Fundación Más Familia, Roberto Fernández, quen relatou as medidas concretas de conciliación laboral e familiar que poden desenvolver as empresas

Ademais, tivo lugar unha mesa redonda onde un grupo de empresas pertencentes ás distintas rexións do proxecto expuxeron as súas experiencias e actuacións en materias de RSE. Foi o caso da peme galega M. Caeiro S.A., a portuguesa Primavera Business Software Solutions e a estremeña Grupo Poblador. 

Obxectivos de GEMCAT

Os principais obxectivos do evento foron trasladar a aposta pola mellora da eficiencia das políticas públicas para a creación e mantemento de emprego transfronteirizo de calidade, destacar a importancia do establecemento de eixos para a consecución dun emprego de calidade (conciliación, igualdade de oportunidades, RSE, mobilidade e estabilidade), e reforzar o marco de cooperación territorial España-Portugal.

A través desta xornada deuse a coñecer o proxecto GEMCAT, impulsado pola Xunta de Galicia, co que se persegue mellorar a eficiencia das políticas públicas para a creación e mantemento de emprego de calidade e construír un marco de cooperación plurirrexional e institucional que achegue resultados concretos e melloras tanxibles no ámbito do emprego transfronteirizo entre España e Portugal a través do traballo conxunto e o intercambio de experiencias.


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
agario