Imprimir esta página
"O noso obxectivo con Responsabilízate é o coñecemento e cambio de valores"

"O noso obxectivo con Responsabilízate é o coñecemento e cambio de valores"

24 Xullo 2017 |

(0 votos)

Castro Carrocera, pertencente ao Grupo Castrosúa, é unha das pemes que participa en Responsabilízate. Falamos con José Antonio Romarís Ferreiro, responsable de Recursos Humanos.

O Grupo Castrosúa ten definido un código de conduta implantado de cara á relación cos grupos de interese. Desde cando contan con el e que beneficios salienta?  

O grupo conta cun manual de condicións laborais desde o 2015 e un de conduta interna desde o 2016. Deste mesmo ano tamén é o de protección de delitos. O coñecemento do funcionamento a nivel de empresa e grupo (prevención, medio ambiente, etc.) e a través do ECI (equipo de comunicación interno) xera unha serie de beneficios extralaborais para os traballadores.

Son unha das empresas do sector que máis aposta pola I+D+i. Cales son as liñas actuais de investigación?  

Desenvolvemento e mellora do produto actual e aposta polas enerxías renovables. Por suposto, tamén polo vehículo híbrido e eléctrico, de baixo impacto ambiental.

Un dos retos do transporte é conseguir vehículos máis sostibles. Como traballan neste sentido en Castrosúa? 

Con alianzas para o desenvolvemento de vehículos híbridos e eléctricos e o uso de enerxías renovables.

Como lle preguntaba ao principio, teñen un importante paso dado en RSE. Aínda así, Responsabilízate serviralles para definir un plan de acción. Xa saben cales serán as medidas estratéxicas? 

Por suposto, Responsabilízate vainos servir para comezar a traballar nun plan de acción de RSE. Con todo, aínda temos que definir as liñas do plan. 

Unha empresa Responsabilízate
  • Empresa: Castro Carrocera S.A.
  • Provincia: Pontevedra
  • Sector: Siderometalúrxico
  • Número de traballadores: 119
  • Obxectivo de Responsabilízate: Coñecemento e cambio dos valores, que levan a unha serie de beneficios e a facer a empresa máis competitiva.