Imprimir esta página
A Xunta renova coas grandes empresas o compromiso por situar Galicia nun referente en responsabilidade social

A Xunta renova coas grandes empresas o compromiso por situar Galicia nun referente en responsabilidade social Destacado

30 Xuño 2017 |

(0 votos)
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo en Santiago unha xuntanza co Grupo de Representación Empresarial Galego en RSE, formado por 13 firmas que, coa colaboración da Administración, impulsan este ámbito no tecido empresarial galego.
  • Na sinatura da renovación desta colaboración acordouse impulsar a participación no Grupo de novas empresas e consolidalo dentro e fóra de Galicia.
  • Conde expón as principais liñas da nova Estratexia e destaca a aposta do Goberno galego por seguir mantendo un diálogo aberto co tecido empresarial para difundir entre a sociedade a importancia da RSE.

A Xunta vén de renovar co Grupo de Representación Empresarial Galego en RSE o compromiso por situar a Galicia nun referente en responsabilidade social. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza en Santiago con este Grupo, na que se asinou a renovación da colaboración coas 13 grandes empresas galegas que o integran e que, coa colaboración da Administración autonómica, impulsan a responsabilidade social no tecido empresarial galego comunicando e sentando as bases de como facer RSE en Galicia.

O Goberno galego, pioneiro a nivel nacional na aposta pola responsabilidade social empresarial, creou en 2012 este grupo formado na actualidade por Congalsa, Feiraco, Gadisa, Grupo Calvo, Grupo Ingapan, Grupo Puentes, Hijos de Rivera, Inditex, Martín Códax, R, Velgalsa Eroski, Premium Mix Group e Profand. Ata a data titorizaron a unha vintena de pequenas e medianas empresas galegas.

Outros dos obxectivos deste Grupo son establecer as bases para a implantación a gran escala da RSE nas pemes; avanzar no impulso e difusión da RSE na comunidade co obxectivo de alcanzar unha actividade empresarial máis sustentable e competitiva; ou axudar ás empresas para dar resposta aos seus retos e desafíos neste campo, identificando ao mesmo tempo aqueles aspectos para traballar para o fortalecemento da economía galega a través dun modelo sustentable. Na xuntanza tamén se acordou impulsar a participación no Grupo de novas empresas e consolidalo dentro e fóra de Galicia.

Na súa intervención, Conde indicou a necesidade de poñer en marcha novas fórmulas de participación que enriquezan a xeración de coñecemento en RSE e a aposta do Goberno galego por seguir mantendo un diálogo aberto co tecido empresarial para difundir entre a sociedade a importancia da RSE. Ao respecto, sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten entre os seus obxectivos impulsar o desenvolvemento de comportamentos responsables nas empresas galegas, favorecendo a súa sustentabilidade ao longo do tempo, a súa competitividade e a súa diferenciación para a creación de riqueza e emprego.

Para iso, a Xunta activará proximamente a Estratexia de RSE 2017-2020 da que Conde expuxo as súas principais liñas de actuación para situar a Galicia no eixo do avance cara a un desenvolvemento sustentable; favorecer unha sociedade máis solidaria e integradora con mellor calidade de vida e conservación da contorna; impulsar a competitividade de empresas e organizacións; dar resposta a novas tendencias no eido da sustentabilidade, así como aos novos retos globais; e favorecer a confianza que a cidadanía deposita nas organizacións públicas e privadas.

De esquerda a dereita: Antonio Viejo Puga, director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera; Roberto Tojeiro Rodríguez, presidente Conselleiro Delegado de Gadisa; Alberto Cabadas Avión, director de Planta de Premium  Mix Group; Juan Vázquez Gancedo, director xeral de Martín Códax; Alfredo Ramos González, director xeral de R; Marcela Domínguez Blanco, responsable de Relacións Laborais e Xestión de Persoas de R; José Luis Calvo Pumpido, presidente de honra de Grupo Calvo; Joaquín González Iglesias, director xeral de Vegalsa; Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Victoria Sánchez Jiménez, directora de RSC e Comunicación de Grupo Calvo; Covadonga Toca Carús, xecretaria xeral de Emprego; María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Relacións Laborais; Ana Piñeiro Neira, directora de Recursos Humanos de Ingapan; David Veiga Moares, director xeral corporativo de Grupo Puentes; Sonia González Somoza, directora de Persoas e RSC de Cooperativas Láteas Unidas (CLUN); Gabriela González Márquez, drectora de RSC de Vegalsa; Luis Miguel Simarro Espla, director xeral de Congalsa; Rafael Martínez Fernández, director de Recursos Humanos de Grupo Profand; e Juan Carlos Rama Bermúdez, director de Recursos Humanos de Congalsa.

Foto: De esquerda a dereita: Antonio Viejo Puga, director de Asuntos Corporativos de Hijos de Rivera; Roberto Tojeiro Rodríguez, presidente Conselleiro Delegado de Gadisa; Alberto Cabadas Avión, director de Planta de Premium Mix Group; Juan Vázquez Gancedo, director xeral de Martín Códax; Alfredo Ramos González, director xeral de R; Marcela Domínguez Blanco, responsable de Relacións Laborais e Xestión de Persoas de R; José Luis Calvo Pumpido, presidente de honra de Grupo Calvo; Joaquín González Iglesias, director xeral de Vegalsa; Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Victoria Sánchez Jiménez, directora de RSC e Comunicación de Grupo Calvo; Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de Emprego; María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Relacións Laborais; Ana Piñeiro Neira, directora de Recursos Humanos de Ingapan; David Veiga Moares, director xeral corporativo de Grupo Puentes; Sonia González Somoza, directora de Persoas e RSC de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN); Gabriela González Márquez, drectora de RSC de Vegalsa; Luis Miguel Simarro Espla, director xeral de Congalsa; Rafael Martínez Fernández, director de Recursos Humanos de Grupo Profand; e Juan Carlos Rama Bermúdez, director de Recursos Humanos de Congalsa.