Arhoe difunde 50 recomendacións para mellorar a conciliación e a igualdade

Arhoe difunde 50 recomendacións para mellorar a conciliación e a igualdade

Imprimir Email
(0 votos)

ARHOE-Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois elaborou un documento con 50 recomendacións e liñas de actuación concretas para mellorar a conciliación, a corresponsabilidade e a igualdade en España.

O documento, difundido entre organizacións sindicais e empresariais, propón medidas en cinco eidos de actuación: administracións públicas, relacións laborais, familia e educación, medios de comunicación e mundo rural.

Entre as recomendacións destacan:

• Articular un Pacto para a Reforma Horaria e a Conciliación.

Racionalizar horarios, aproximándoos ao resto dos países de Europa.

• Promover entre o empresariado a idea de que as medidas de conciliación non se dirixen só ás mulleres, senón que hai que sensibilizar aos homes no seu uso, sendo esta a única forma de acadar a corresponsabilidade e igualdade.

• Fomentar a igualdade e a conciliación como parte da cultura e estratexia da empresa.

• Facer visible o papel das mulleres na sociedade e nas organizacións, así como o papel dos homes no eido familiar.

Teletraballo, conciliación e plans de igualdade

ARHOE recolle no seu documento o fomento do teletraballo. Con todo, a entidade lembra que esta potente medida de flexibilidade debe estar regulada para que non supoña nin a extensión da xornada laboral nin o investimento de recursos materiais por parte da persoa traballadora. Por outra parte, a entidade propón o desenvolvemento de medidas que fomenten a redacción e posta en marcha de plans de igualdade dentro das políticas de RSE. 

Finalmente, ARHOE recomenda que as administracións apoien o establecemento destas medidas. Neste sentido, a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia volverá convocar axudas á RSE, igualdade, conciliación e fomento do teletraballo para pequenas e medianas empresas.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia