O Observatorio Permanente de RSE en Galicia publica o noveno número de FIXA_RSE

O Observatorio Permanente de RSE en Galicia publica o noveno número de FIXA_RSE

Imprimir Email
(0 votos)

Xa se pode consultar na web o último boletín galego de responsabilidade social empresarial FIXA_RSE, do Observatorio Permanente da RSE de Galicia, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O número de febreiro comeza cunha editorial asinada por Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego, centrada no benestar das empresas galegas, que verán como a consecución dun persoal feliz tamén supón aumentar os niveis de eficiencia.

Coa lectura do boletín poden coñecerse os dous proxectos da Secretaría Xeral de Emprego que se impulsarán nos vindeiros meses. Por unha parte, Xeración Responsable, seleccionado dentro da iniciativa europea Enterprise 2020 e que ten como obxectivo transmitir en linguaxe accesible os valores da RSE aos máis novos. Durante 2016, a Xunta traballou na creación da plataforma e dos contidos e neste 2017 terán lugar as sesións presenciais en diferentes centros educativos. Por outra parte, Emprega Saudable, un proxecto que poñerá ao dispor das empresas ferramentas e métodos de traballo para conseguir cambiar os ambientes laborais do territorio galego. Neste ano procederase a poñer en práctica estas ferramentas, comezando en primeiro lugar, a facer un testeo, a modo de fase piloto, da que se extraerán conclusións que sirvan de exemplo para os diferentes sectores económicos.

Entre os contidos desta edición atópase un artigo sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 5: a igualdade de xénero. Facendo fincapé nesta temática, outra reportaxe aborda a brecha salarial entre homes e mulleres.

Ademais, FIXA_RSE conta cunha entrevista a fondo con Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, quen fala das liñas de actuación que a Xunta de Galicia ten en marcha para fomentar a RSE entre as empresas galegas así como dos retos da propia Administración para a súa implantación.

Consulta ou descarga o número 9 de FIXA_RSE a través desta ligazón.

 


Xunta de Galicia
Turismo de Galicia