Imprimir esta página
Aberta a convocatoria para participar na VII Semana Internacional do Voluntariado Corporativo de Forética

Aberta a convocatoria para participar na VII Semana Internacional do Voluntariado Corporativo de Forética

06 Febreiro 2017 |

(0 votos)

Forética, quen lidera a iniciativa a nivel nacional, acaba de abrir a convocatoria de participación na VII edición do Give & Gain, a Semana Internacional do Voluntariado Corporativo e da acción solidaria dos empregados. 

A iniciativa, que terá lugar do 21 ao 28 de abril, ten o obxectivo de xerar o maior impacto posible na mellora das condicións de vida das comunidades máis vulnerables. Nesta edición, o Give&Gain centrarase na realización de accións de voluntariado encamiñadas á inclusión social e laboral das persoas. 

Segundo destacou o director xeral de Forética, Germán Granda, “cada ano, son máis as empresas que mobilizan os seus traballadores en diversas acciones de voluntariado durante esta semana, asumindo un papel protagonista de liderado transformador e axente de cambio social”. En palabras de Marisol García, directora xeral de Hazloposible, “Give&Gain é unha oportunidade única de xerar impacto social desde o traballo conxunto de ONG e empresas, que aportan o talento, o coñecemento e as habilidades dos seus empregados para transformar a sociedade”.

Dúas vías de participación

Existen dúas vías de participación na iniciativa: “Á túa medida”, a través da implicación en actividades organizadas directamente por Forética en colaboración con distintas ONG, e “Á túa maneira”, pensada para que calquera organización que desenvolva accións de voluntariado neses días se sume cubrindo este formulario.

As empresas interesadas en participar poden contactar co equipo de Forética no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 91 522 79 46. Pódese completar a información sobre a iniciativa e edicións anteriores nesta ligazón.