GRI lanza os novos estándares que substitúen a guía de reporting G4

GRI lanza os novos estándares que substitúen a guía de reporting G4

Imprimir Email
(0 votos)

O Global Reporting Initiative (GRI) lanza novos estándares, modelos internacionais de referencia na elaboración de memorias de sustentabilidade, que substituirán a guía vixente ata o momento (G4). O principal cambio con respecto á guía G4 é a nova estrutura baseada en módulos interrelacionados, o que permitirá unha maior flexibilidade á hora de actualizar os datos ou engadir máis temas.

GRI lanzou 36 estándares agrupados en bloques:

>Tres universais: deberán ser usados por calquera organización que queira reportar segundo GRI.

• GRI 101 (Foundation). Punto de partida para usar os estándares GRI.

• GRI 102 (General Disclosure). Para reportar información contextual sobre a organización.

• GRI 103 (Management Approach). Para reportar o enfoque de xestión para cada asunto material. 

>Tres máis específicos: Son 200 (temas do campo económico), 300 (ambiental) e 400 (social). A organización deberá elixir nestes tres ámbitos que aspectos tanxibles e medibles desexa reportar.

Ademais da estrutura modular, outras melloras son a distinción máis clara entre o que debe ser reportado (shall) e o recomendable (should). Tamén se amplían aclaracións e explicacións respecto a conceptos clave, usando unha linguaxe máis simple e clara. 

Os estándares, que poden consultarse aquí, están baseados no contido de G4 e seguen mantendo os seus requirimentos de calidade e de definición da materialidade. “Todos os conceptos e contidos clave da Guía G4 foron trasladados aos novos estándares, polo que o impacto nas organizacións que xa reportaban con G4 debería ser mínimo”, sinalan desde GRI.

A partir do 1 de xullo de 2018 todos os informes publicados teñen que aplicar estes novos estándares.

Xunta Pro RSE

A Xunta de Galicia ten ao dispor das empresas a ferramenta de diagnose e de elaboración de memorias  Xunta PRO RSE, na versión G4 que se actualizará aos novos stándares.