Imprimir esta página

“Ecocelta busca converter os refugallos en fertilizantes naturais orgánicos con todos os nutrientes esenciais e a materia orgánica que poda ser devolta aos chans de cultivo”

22 Setembro 2011 |

(0 votos)

Sergio Horacio Quiroga, gerente de Ecocelta Galicia, SLNE.

 

Cales son as bases sobre as que se fundamenta a estratexia RSE de Ecocelta?

Unha base fundamental é o coidado do medio ambiente, xa que é onde se desenrola a vida humana. A xestión sostible da materia orgánica residual permite que os recursos solo, auga e aire non se contaminen e sexan aproveitados polas futuras xeracións. A mellor demostración é ter as portas abertas da empresa para que calquer persoa poida ver directamente a labor diaria e presenciar o sacrificio que conleva a xestión biolóxica e responsable dos residuos. A búsqueda da excelencia empresarial, sen deixar de lado o benestar laboral e a calidade do produto final, pero da man do coidado e respecto polo medio ambiente e o entorno.

Ecocelta é sinónimo, desde os seus inicios, de empresa 100% ecolóxica. Foi doado emprender sendo responsables empresarialmente?

Non foi doado. Un emprendedor ten ideas, pero non capital, iso fai que o camiño ata os obxectivos non sexa o soñado, senon que quedan vinculados ás operacións financieiras que esixen o logro de obxectivos económicos antes dos sociais ou medioambientais. Pero igualmente a satisfación é que aínda leve máis tempo do esperado manter as bases “morais” dunha empresa sen vicios, mentiras ou negocios oscuros, fai que Ecocelta sexa respectada e coñecida pola súa verdadeira labor de xestor responsable, gañando clientes que estaban cansados de mirar como os seus residuos eran “mal xestionados”. A Responsabilidade Social Empresarial vai máis aló das obligacións e normas medioambientais e sociais que debe poseer toda empresa activa. Pero é complicado acadar un equilibrio entre a supervivencia e a estabilidade económica. Non é fácil, aínda que por iso recibimos recoñecementos que avalan e mostran a nosa labor na sociedade.

Ecocelta elabora abonos orgánicos de orixen ecolóxico para o seu uso na agricultura. Que opinión teñen os agricultores deste tipo de abonos?

Cada vez son máis as personas que valoran, non só que o produto final sexa de calidade, senon todo o proceso que rodea á fabricación dos produtos. O contemplan de forma global e equilibrada. Hai que aclarar que hoxe en día só os produtos de consumo poden ser “ecolóxicos”, sempre baixo a certificación de organismos de control competente.

En realidade, os insumos, como los fertilizantes de origen orgánico, non se certifican “ecolóxicos” senon “aptos para agricultura ecolóxica”, e isto é sustancialmente distinto, aínda que para iso haxa que certificarse polos mesmos organismos de control que os produtos. Isto levou á confusión de que o agricultor ten tendencia a decantarse por fertilizantes orgánicos mal denominados “ecolóxicos”, sen preocuparse pola posesión da certificación que o avale e que ofreza as garantías dun produto de calidade e respectuoso co medio ambiente, en todos os procesos de elaboración. Por suposto que vender abono orgánico non é sinónimo de abono orgánico con certificación ecológxica, por iso hai competencia desleal. Haberá que informar mellor deste aspecto.

Son conscientes das vantaxes que suporía o seu uso no seu modelo produtivo e de respeto ao medio ambiente?

O noso modelo no futuro será seguramente aplicado como modelo comarcal de xestión sostible de residuos orgánicos, xa que cando a sociedade en conxunto tome conciencia de que os recursos auga, solo e aire son limitados e “compartidos” recoñecerá que os residuos producidos deben xestionarse e valorizarse na propia comarca e non viaxar por toda Galicia hacia un macrocentro de concentración. É a forma más sostible de xestionar materia orgánica, ademáis Ecocelta xa está innovando no aproveitmento enerxético previo ao compostaxe, o que daría un gran paso hacia a disminución do uso de carburantes, coa posibilidade de que o mesmo modelo comarcal produza electricidade e calor á poboación cercana. Ao final é un modelo viable e sostible. Pouco a pouco, pero en moitos casos aínda prima o prezo ante a calidade e fabricación sostible dos fertilizantes.

O lema de Ecocelta é “a natureza en equilibrio”. Que balance fai do seu plan RSE?

O lema é a base da nosa responsabilidade social. A empresa crece baixo a premisa de xestión e valorización sostible de restos orgánicos e fabricación de fertilizantes 100% naturais, obtidos a partir de procesos coidadosos e respetuosos co medio ambiente. Hai que ser consciente de que cada tonelada de restos orgánicos que no senxa adecuadamente xestionada, causará un desequilibrio ambiental que tarde ou cedo nos pasará factura a todos, porque xa como dixemos antes os recursos son “compartidos”, iso significa que calquera pode contaminar noutra parte e os demáis sufrir esas consecuencias.

En Ecocelta buscamos o equilibrio, por iso o noso lema. Se busca converter ese residuo en fertilizante natural orgánico, con todos os nutrientes esenciais e a materia orgánica, que poden ser devoltos aos solos de cultivo. É a labor de reciclaxe que máis ten en conta o potencial e a necesidade de devolver ao solo os nutrientes e a materia orgánica. Polo tanto, Ecocelta é natureza, xa que utiliza procedementos naturais para a valorización e fabricación de fertilizantes, e permanece en equilibrio porque os restos orgánicos son xestionados de forma sostible, protexendo o medio ambiente para as seguintes xeneracións.

Obtiveron premios e distincións (como o Premio Transfronterizo á Excelencia Empresarial na categoría de Novos Emprendedores ou o Premio Innovación Tecnolóxica Medio Ambiente Natural 2005) que se unen aos certificados obtidos pola súa actividade empresarial responsable. Que vantaxes supuseron a súa aposta?

Cada premio que recibíu a empresa ou os seus emprendedores tivo a satisfacción de ser outorgado pola labor que a sociedade e a Administración percibíu de Ecocelta, o que é un apoio completamente motivador xa que non está comprado. Sabemos valorar eses premios como unha distinción que axuda a seguir nese camiño. Está claro que cando un sae na prensa, para ben ou para mal, ten un impacto directo na sociedade e no mercado. Cada premio supuso unha mellora no noso mercado, posicionando á empresa e dándolle a oportunidade de chegar a clientes e institucións que saben valorar o significado deses premios. Aínda que non todos sexan dinerarios, os premios son o recoñecemento ao traballo diario e, polo tanto, a repercusión social é clara. A actividade da empresa é máis coñecida e iso mellora as relacións comerciais, pero ao mesmo tempo obriga a manter a calidade, o servicio e, a fin de contas, manter e incrementar o compromiso de responsabilidade social pola que é recoñecida a empresa.

Considera que o texido empresarial ten en conta o impacto da súa actividade no seu entorno?

É obvio que cada vez máis todos apostamos por produtos e servizos máis sostibles co noso entorno. No noso caso en especial, consideramos que o mercado recoñece os produtos ecolóxicos cada vez máis, e os nosos clientes así nolo fan saber. O cliente final quere produtos sen químicos e con procesos produtivos non dañinos co entorno. No noso posicionamento como marca foi moi importante que se nos recoñecera a Certificación Ecolóxica. En resumo, cada día é máis importante ofrecer produtos ao mercado máis desenrolados neste aspecto.

Que consellos daría unha empresa que se plantea implantar un plan RSE?

A responsabilidade social empresarial vai más aló das obligacións de cada actividade empresarial. A empresa debe manter en equilibrio a supervivencia e o desenrolo económico, co respecto ao medio ambiente e o entorno social que o rodea. É probable que polo camiño se abran oportunidades de negocios que poidan distorsionar a visión inicial da actividade e responsabilidade social coa que nace a empresa, aínda que isto non implica que haxa que apostar por un plan inicial invariable, xa que a empresa debe innovar e adaptarse ás necesidades, facendo o que mellor sabe facer, pero en equilibrio co seu entorno. RES-Sostible. A palabra sostible será a que determine a aplicación dunha RSE.

Para Ecocelta, a RSE é sinónimo de… 
Actividade empresarial en equilibrio coa dimensión económica, ambiental e social da empresa.