Axenda

Seminario: Protocolos de actuación fronte ao acoso no ámbito laboral

O 23 de decembro, a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebra o seminario Protocolos de actuación fronte ao acoso no ámbito laboral, que pretende dar a coñecer e identificar os principais factores de risco psicosocial no traballo, así como as medidas de prevención e intervención e a súa xestión na negociación colectiva.

Terá lugar de 09:00 a 14:00 horas e poderase participar de forma presencial ou en liña. 

Programa:

  • Introdución: marco normativo, definicións e conceptos
  • Medidas preventivas desde o ámbito empresarial
  • Medidas e propostas para a negociación colectiva
  • Protocolos de prevención
  • Protocolos de intervención

Para participar, podes inscribirte aquí