Axenda

Seminario: Fenda salarial e igualdade retributiva: auditoría

A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebra os días 20 e 21 de decembro o seminario Fenda salarial e igualdade retributiva: auditoría, unha formación enmarcada dentro da subvención dirixida á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva. 

Coa oportunidade de asistir de forma presencial ou en liña, as persoas participantes adquirirán os coñecementos básicos en materia de retribucións, fenda salarial e auditoría salarial. 

O horario é de 09:00 a 14:00 horas e as prazas para anotarse presencialmente son limitadas.

Máis información e inscricións nesta ligazón