Axenda

Curso: Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais

A Universidade de Vigo organiza dentro da programación da súa Escola de Formación Permanente o curso Igualdade entre mulleres e homes nas relacións laborais. 

O obxectivo deste curso é ofrecer una formación especializada en perspectivas de xénero, pensada para proporcionas as ferramentas necesarias para implantar plans e medidas de igualdade, tanto no ámbito público como nas empresas, para facer efectivo o dereito á igualdade de trato e non discriminación do persoal en materia retributiva. 

As persoas destinatarias son aquelas que posúan un título relacionado coas áreas de Dereito, Relacións Laborais e Recursos Humano, Ciencias do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais, ADE, Economía ou Ciencias Políticas. Tamén está aberto a estudantes universitarios e persoas traballadoras con responsabilidade relacionadas cos recursos humanos, xefaturas de relacións laborais, asesorías, cadros das organizacións empresariais e sindicais, independentemente de que posúan ou non titulación universitaria, sempre e cando a súa actividade profesional concorra cunha especialidade relacionada co curso. 

Datas: 

Preinscrición: 06/12/2021 - 14/01/2022

Matrícula: 17/12/2021 - 14/01/2022

Impartición do curso: 19/01/2022 - 08/06/2022

Consulta o programa completo e o resto de información do curso nesta ligazón