Axenda

Teleformación: Prevención de riscos laborais no teletraballo

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza dentro da súa programación formativa post COVID-19 o taller Prevención de riscos laborais no teletraballo, que ten como obxectivo dar a coñecer os riscos laborais que ten esta modalidade de traballo, como o tecnoestrés, fatiga informática ou illamento laboral, entre outros. Ademais, busca informar sobre como realizar os labores de vixiancia nestes casos, que medidas preventivas debemos ter e dar unha serie de recomendacións para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras que realizan as súas tarefas de non presencial. 

Abordaranse tamén outras cuestións como a lexislación vixente ou medidas de emerxencia. 

A data inicial é o venres 3 de decembro e ten 20 horas totais. 

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. 

Máis información na web da CEL.