Axenda

Teleformación: Influír e motivar equipos trala pandemia

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza no mes de decembro a acción formativa "Influir e motivar equipos de traballo trala pandemia", en modalidade en liña. Esta formación está enmarcada na programación post COVID-19, e o seu contido está estruturado para proporcionar ao alumnado unha serie de pautas dirixidas a lograr o mantemento da motivación do persoal en situacións excepcionais e de incertidume como a orixinada polo coronavirus. 

Ten o seu inicio previsto no día 1 de decembro e unha duración total de 20 horas. 

As prazas cubriranse por orde de inscrición a través desta ligazón

 

Podes consultar aquí o programa completo.