Axenda

Taller: Elabora o teu plan de igualdade

O días 3, 10 e 17 de decembro, a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebra un taller dentro do seu programa de formación cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade: Elabora o teu plan de igualdade.

Esta actividade está dirixida prioritariamente a persoas traballadoras vinculadas ao ámbito do diálogo social e a negocación colectiva: dirección de recursos humanos, consultorías, asesorías...

Poderase asistir de forma presencial na sede da CEC ou en liña.

Máis información e inscricións aquí.