Axenda

Give & Gain

Give & Gain 2021 é a Semana da Acción Solidaria e o Voluntariado das empresas, iniciativa de referencia no voluntariado corporativo en España, liderada dende hai máis de 10 anos por Forética. Pretende fomentar a acción solidaria das empresas e o voluntariado corporativo, promovendo o seu valor e importancia como elementos de impacto positivo nas comunidades.

A través desta iniciativa búscase a concentración dun maior número posible de actividades de voluntariado corporativo, co obxectivo de recoñecer a contribución das empresas e o traballo dos voluntarios.

A edición deste ano terá lugar do 10 ao 20 de decembro. 

Podes consultar toda a información sobre este evento, as diferentes accións que se levarán a cabo ou enviar unha proposta de acción a través desta ligazón