Axenda
1m2 polos campos, os bosques e o monte
Do 4 ao 12 de decembro o Proxecto Libera levará a cabo unha nova acción na que recollerán datos nas contornas terrestres. Con "1m2 polos campos, os bosques e o monte" buscan acometer actuacións de concienciación e sensibilización cara estas contornas vexetais, co obxectivo de averiguar a procedencia do lixo, xa que as fontes terrestres de residuos aportan o 80% dos mariños, ben sexa a través da agricultura, a gandería, o turismo, os deportes ou o simple feito de vivir, xera residuos.
Máis información na súa web.